Campamento CEIP O Hío, Cangas
Raíces ó sol
Campamento de verán en Hío, Cangas
Este verán as nenas e nenos botan raíces ao sol ao aire libre: un espazo para xogar, explorar, crear, facer amizades e vivir a natureza con calma e liberdade.
Cada día será unha oportunidade para descubrir o entorno, experimentar con materiais naturais, facer propostas creativas, moverse, investigar, coidar e compartir. Un campamento pensado para alumnado de 3 a 12 anos, con grupos reducidos e acompañamento respectuoso.
Traballaremos desde a educación na natureza, a pedagoxía bosquescola, o xogo libre e a arte e creatividade, respectando os ritmos da infancia e favorecendo a autonomía, a curiosidade e a convivencia.
Lugar: CEIP O Hío, Cangas
Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto
Horario: de 9:00 a 14:00 h
Concilia con comedor: de 8:00 a 15:00 h, baixo grupo mínimo
Idades: desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria
Tarifas
Xullo, do 1 ao 31 de xullo: 200 €
Agosto, do 1 ao 31 de agosto: 200 €
Dúas semanas: 105 €
Unha semana: 65 €
Horario concilia: 3 €/hora
Servizo comedor: 8,50 €/día
Para formalizar a inscrición é necesario seleccionar o período correspondente e completar os datos solicitados no proceso de compra.



